Newsletter

Boletín Informativo de BeWelcome de Marzo de 2022

Embedded image

Índice:
 

Novas de BeWelcome:

  • Actualizando a base de datos
  • A Nova Ferramenta de Viaxes
  • Nova Xunta Directiva
  • A Campaña de doazóns de 2022

Historias de BeWelcome: 

  • Experiencias Multiculturais dunha Muller Musulmá Alemá
  • Coñece a Helen, Membro de BeWelcome e Viaxeira Extraordinaria

 

 Saúdos anonymous!

Desexamos que teñas un feliz ano novo durante este tempo de constantes cambios no noso mundo. Houbo moitos avances emocionantes na BeWelcome a medida que crecemos. O ano pasado, a nosa comunidade creceu en 45.000 membros! Se es unha desas "novas" persoas na comunidade, grazas por unirte e dámosche a benvida. Esperamos que podas ter experiencias gratificantes e de relación a través da plataforma. 
 

Neste boletín, destacamos as novas funcionalidades que están sendo desenvolvidas, as mudanzas na nosa xunta e na base de datos e as historias de persoas da comunidade. Esperamos que gustes destas novas e historias.

A BeWelcome será sempre sen ánimo de lucro e é enteiramente xestionada por persoal voluntario e, neste mes celebramos noso 15º aniversario! Isto non tería sido posible sen os esforzos de centenas de persoas xenerosas ao longo dos anos. Agradecemos a elas toda a súa axuda durante estes anos. 
 

Conforme BeWelcome avanza, se ti (si, ti!) tes interese en axudar a desenvolver, ou apoiar esta rede 'máxica' que reúne persoas de diversas orixes, entón, por favor, consulta como podes axudar

Grazas por lernos. Que che vaia ben nestes tempos. 

O equipo de novas de BW 

 

Novas de BeWelcome
 

Unha Base de Datos Precisa Significa unha Afiliación Máis Activa

Unha plataforma de intercambio entre pares como BeWelcome baséase en gran parte no seu tamaño e efecto de rede e, para algunhas persoas, a mellor bolsa de hospitalidade debe ser a máis grande. Porén, en BW creemos que unha base de datos precisa de afiliación activa fai a mellor plataforma. Recentemente, realizamos unha "limpeza" das contas inactivas da BeWelcome. Aquelas que non accederon á páxina despois de cinco recordatorios ao longo do tempo, viron as súas contas suspendidas. En total, houbo 18632 contas suspendidas temporalmente. A nosa afiliación merece unha plataforma de persoas membro activas con enderezos de correo-e activos, razón pola cal as contas con enderezos de correo-e inválidos tamén foron suspendidas. Seguiremos sendo transparentes sobre as persoas membro activas, nosa natureza non lucrativa, misión, propósito e valores, así como o destino de todas as doazóns

A Nova Ferramenta de Viaxes

Una ferramenta solicitada a miúdo polas persoas membro foi unha función de busca onde poder procurar as persoas viaxeiras que chegan. Este recurso foi unha prioridade para o equipo de desenvolvemento. Temos o pracer de anunciar que o recurso 'Viaxes' está agora na fase final de probas. Permitirá que as persoas publiquen onde e cando van viaxar. As persoas membro na área da viaxe poden ver quen está vindo á súa zona, así as persoas anfitrioas poden ofrecer aloxamento e poden organizarse posibles 'encontros'. Cantas máis participantes haxa nas probas, máis cedo se porá en marcha este recurso. Se tes interese en axilizar este proceso, entón convidámosche a xuntarte ao equipo de solicitude de ferramentas ou ao equipo de probas. Non deixes de participar. 

Nova Xunta Directiva

A Asemblea Xeral Anual tivo lugar do 21 ao 24 de novembro do 2021 de modo telemático e elixiuse unha nova Xunta directiva.

Unha vez máis, a xunta directiva é moi internacional. Hai tres membros de dous continentes. O novo Presidente de BeWelcome é Gabriel, ven de Grenoble, Francia. O novo Secretario de BeWelcome é Peter de Auckland, Nova Zelandia e o Tesoureiro de BeWelcome é Frank de Grimbergen, Bélxica. Para saber máis sobre o que aconteceu na Asemblea Xeral de 2021, le máis aquí.

A Campaña de Doazóns de 2022

Lanzouse oficialmente a campaña de doazóns de 2022!

Por que, poderías preguntar? 

Fundada en 2007, BeWelcome é apoiada só pola afiliación e xestionada enteiramente polo voluntariado. Non hai Director Executivo, ningún "magnate", ningún capitalista de risco, fundos de risco, oficinas, persoal pagado, accionistas e/ou conglomerado por detrás da organización. Somos ao cen por cen sen ánimo de lucro, independentes e gobernados por persoas membro.

As nosas finanzas son abertas e transparentes. As nosas contas publícanse unha vez ao ano para seren verificadas e aprobadas pola  Asemblea Xeral de BeVolunteer e, durante o ano, a Xunta Directiva e especificamente a persoa responsable da tesourería – encárganse dos asuntos financeiros de BeWelcome.

Todo o noso agradecemento á afiliación por recoñeceren a necesidade de salvagardar o intercambio de hospitalidade "gratuíto" e valoramos todas as contribucións anteriores ao longo dos anos.

BeWelcome, fundada pola asociación francesa sen ánimo de lucro BeVolunteer, recibiu máis doazóns das necesarias nos anos anteriores. É por iso que a nosa meta de doazóns para este ano é de apenas 600 euros.

Aínda que a nosa campaña de doazóns sexa mínima e necesaria, o que é mais importante para BeWelcome é o voluntariado que doa o seu tempo. Moitos equipos as veces teñen pouco persoal e teñen unha grande carga de traballo á que facer fronte. Desexas facer parte do voluntariado? Consulta máis información aquí. Pode que a túa incorporación se demore un pouco, mais a túa axuda contribuiría a unha rede que fomente as relacións en todo o mundo.

 

Historias de BeWelcome
 

Experiencias Multiculturais de Fatima, unha Muller Alemá-Musulmá 

Embedded image

 

Eu son Fatima e eu estou en BeWelcome desde Maio de 2020. Vivo en Hamburgo/Alemaña, mais teño unha segunda casa en Beirut/Líbano. O intercambio de Hospitalidade fixo parte da miña vida durante moitos anos, mais tamén troco tempo e obxectos usados. A miña irmá máis nova introduciume por primeira vez no Intercambio de Hospitalidade. Naquel momento non podía concibir a idea de pasar a noite con estraños ou recibir estraños na miña casa, mais descubrín que había tamén actividades e comecei a tomar parte nelas. Pasado algún tempo comecei a organizar actividades, e ás veces xunto con outras persoas. O maior evento foi unha camiñada no val sagrado de Qannoubine, preto de Bsharri, com 35 participantes.

Cando fun anfitrioa por primeira vez hai algúns anos, foi unha gran experiencia. Normalmente, hospedo durante o tempo en que vivo no Líbano, o que é raro hoxe en día debido ás restricións de viaxe pola Covid. Mais bótoo a faltar.

Ser anfitrioa axudoume a superar a miña falta de confianza en ser hóspede, e un ou dous anos máis tarde fixen unha viaxe eu soa e fun convidada. Desde entón, viaxei varias veces e fiquei con persoas de BeWelcome non só no meu país de orixe, mais tamén na Holanda. Gusto especialmente do feito de que as persoas anfitrioas me ofrezan experiencias que nunca tería tido sem elas, tales como excursións a lugares perdidos ou un concerto de órgano privado polo meu anfitrión nunha igrexa.

Moitas das miñas persoas convidadas e anfitrioas fixéranse amigas miñas e mesmo estamos en contacto moito tempo despois. Gusto de coñecer persoas de diferentes orixes e culturas e de que haxa conversas moi interesantes; por fin, mais non menos importante, sobre ser unha muller alemá que se converteu ao Islam. Isto normalmente acontece despois de que pida un tempo de oración privado ou xusto ao comezo se un anfitrión masculino quer recibirme cunha aperta de mans ou un abrazo, pois recuso tocar a calquera persoa masculina fóra da miña familia. Isto tornouse moito máis fácil coa Covid. Sinto que a intimidade de ficar nunha casa privada facilita un intercambio profundo que nunca é posíbel en hoteis ou con encontros breves..

Durante a pandemia xunteime a un  grupo de Telegram non oficial con persoas de  BeWelcome de todo o mundo. Gusto da maioría dos temas que saen en este grupo desde por exemplo "Cal é a comida típica que comes nunha ocasión específica?" a "Hai alguén en Hamburgo para unha xuntanza espontánea?" O intercambio de hospitalidade enriqueceu a miña vida e non quero perdelo.
 

Historia escrita por duesseldorf

Coñece a Helen, Participante en BeWelcome e Viaxeira Extraordinaria 

Embedded image

Helen descubriu as redes de intercambio de hospitalidade como BeWelcome fai dez anos cando un amigo dun amigo lle falara sobre elas nun bar na súa cidade de Berlín. Naquel momento  así era como moitas persoas descubrían estas incríbeis redes de persoas viaxeiras.  Por viaxeiras que compartían con outras viaxeiras a través do "boca a boca"

Pouco tempo despois, ela colleu un tren a través da Rusia, o famoso Expreso Trans-Siberiano que tarda cerca de dúas semanas en rematar. Aínda que non tivese ningunha referencia/comentario no seu novo perfil que criara, descubriu que era facilmente hospedada.

Despois de ter feito uña marabillosa viaxe en tren e de facer novos amigos cos seus anfitrións, non parou aí e continuou a viaxar considerablemente, dando tres voltas ao mundo, e visitando máis de 100 países ao longo de tres anos. Utilizou moito redes como BeWelcome, facendo novas conexións, amigos para toda a vida e lembranzas divertidas ao longo do camiño.

Helen descubriu que quedar con persoas anfitrioas locais era moito máis suxestivo que un hotel ou albergue. Ela quedou en albergues nas súas primeiras viaxes, mais encontrou alí sempre a mesma multitude e atmosfera e iso volveuse aburrido para ela. Mentres tanto, coas persoas anfitrioas, descubriu que podía satisfacer a súa curiosidade sobre a cuestión que máis apremaba no seu corazón como viaxeira mundial; Como é que a xente vive realmente?

E descubriu que tiña respostas para esa pregunta en calquera lado, todo o tempo, entanto se movía por todo o mundo.

Descubriu como era vivir cunha gran familia, ou estar afectada pola política local dun determinado país, para sobrevivir, e ver cales eran os valores que tiñan as persoas e o que era máis importante para elas.

Despois das súas viaxes e de ter sido xenerosamente acollida, ela mesma devolveu con creces esta xenerosidade hospedando bastante na Alemaña. O seu consello para as persoas viaxeiras que busquen anfitrión nas súas palabras é: "Sé ti mesmo, esfórzate un pouco co teu perfil, lava a louza de vez en cando e preocúpate de con quen quedes, e se realmente non che importa con quen quedas, entón queda nun maldito hotel."

Para as persoas anfitrioas, ela recomenda encher o seu perfil máis que só algunhas frases, e poñer razóns pelas cales outras persoas poden querer ficar contigo. Canto máis escribas no teu perfil, máis probábel será que os hóspedes o descubran e queiran conectar por quen ti es e polo que che interesa na túa vida. Poderás despois da experiencia facer amizade para toda a vida coas persoas que hospedas, como fai Helen.

Ao final, Helen di que "quere simplemente divertirse e estar con persoas coas que non estaría de outro modo." Ela xa o estivo facendo durante dez anos e non ten intención de poñer fin a iso.

Para seguir a Helen, ou mesmo para ficar con ela en Berlin, consulta o seu perfil en BW ou o seu Instagram  @not.just.a.pretty.place/

Historia escrita por Saleme
 

Embedded image

Helen compartindo o seu cabelo con Martin, ela quedou con el no  2011, el con ela no 2014 e esta foto foi tomada no 2017. Eles son amigos agora para toda a vida. 

Ligazóns relevantes en  BeWelcome: 
-  Facebook de BeWelcome
-  Canal de Vimeo de BeWelcome
Instagram de BeWelcome 
- Twitter de BeWelcome
- Camisetas, cuncas e máis!

Grazas por lernos! Se tes suxestións para unha historia, ou unha nova que valla a pena, por favor contacta con Saleme

Embedded image