Newsletter

BeWelcome – Boletín de Novembro de 2022

BeWelcome – A Maior Comunidade de Hospitalidade Libre

 

Embedded image

Contidos:
 

  •    Persoas membro da Xunta Directiva!
     
  •    Fin de semana de BeWelcome en Sète, France
     
  •    Consellos e suxestións para aloxar e para quedar con alguén a través de BeWelcome.
     
  •    Neta98 comparte as súas experiencias con BeWelcome 
     
  •    Queres participar máis activamente en BeWelcome?

Benvidas novas persoas membro de Welcome e ola familia BeWelcome! 

 

As viaxes están volvendo e retornando a niveis incluso maiores dos que había antes da pandemia. En BeWelcome.org, vimos un gran crecemento en persoas membro, solicitudes de estancia e uso da nova ferramenta de Viaxes. Aínda que moitas das persoas membro están volvendo ao que amamos, os nosos corazóns están coas persoas que sufriron os impactos da pandemia e da guerra de Ucraína.   A pesar destas crises, parece que que hai unha renova necesidade de viaxar. Os encontros cando saímos e quedamos cunha persoa "estraña" a través dunha comunidade de hospitalidade causan expectación e emoción, pero tamén entendemento intercultural e interpersoal. 

 

BeWelcome viu un gran crecemento ultimamente, porque persoas coma ti valoran o intercambio de hospitalidade para todo o mundo – de uso libre, sen muros de pago, co apoio dunha asociación sen fins de lucro dirixida por persoas voluntarias. Estamos orgullosas de dicir que somos agora A Maior Comunidade de Hospitalidade Libre con case 220.000 persoas membro en todo o mundo.

 

Se é a primeira vez que te achegas a unha comunidade de intercambio de hospitalidade ou a BeWelcome, consulta as Preguntas frecuentes e síguenos en Facebook, Instagram ou Twitter para estar en contacto. O noso equipo de programadores e persoas que proban os programas fixeron unha serie de melloras útiles na páxina web. Por exemplo, as túas opcións de busca persoal son lembradas agora na ferramenta "Atopa participantes", e agora se amosan máis comentarios nos perfiles y os comentarios das experiencias de hospedaxe márcanse cunha icona dunha casa. Podes atopar a lista completa de melloras de darnos o teu parecer en este Artigo de Novas da Comunidade
 

Agardamos que goces co noso boletín onde queiras que esteas no mundo.
 

O Equipo de Comunicacións de BeWelcome


Nova Xunta Directiva elixida!

 

Agardando polo Vindeiro Ano 


A Asemblea Xeral de BeVolunteer –a asociación sen ánimo de lucro detrás de BeWelcome– ten unha nova Xunta Directiva.  A votación fixérona as persoas voluntarias despois de dous días de frutífera discusión no comezo de novembro de 2022 en Wieliczka, Polonia. Oito persoas de BeVolunteer participaron de xeito presencial, mentres que sete máis participaron online.  As eleccións da nova Xunta Directiva para o ano 2022/2023 tivo lugar online despois da Asemblea Xeral:

 

Gbenouville es confirmado Presidente 

Corazondeviaje es a nova Secretaria

Thorgal67 es confirmado como Tesoureiro


Moitas grazas a peterburk por ser secretario durante o último ano e por facer un magnífico traballo!
 

Tamén wind foi elixido e continuará actuando como o defensor do pobo.

<i>Todas as persoas membro da Xunta directiva xuntáronse na vida real: corazondeviaje (esquerda), thorgal67 (centro) e gbenouville (dereita) reunidos para tomar algo en Cracovia antes da Asemblea Xeral.</i>

 Todas as persoas membro da Xunta directiva xuntáronse na vida real: corazondeviaje (esquerda), thorgal67 (centro) e gbenouville (dereita) reunidos para tomar algo en Cracovia antes da Asemblea Xeral.


As amizades o primeiro – Un fin de semana BeWelcome divertido e frutífero en Sète / Sur de Francia


Oito persoa viaxeiras de BeWelcome atoparon o seu camiño cara a Sète, unha localidade no Mar Mediterráneo ao Sur de Francia. Había sete francesas e unha israelí. Sète está situada entre a terra e o mar, polo tanto a auga foi o tema principal desta fin de Semana de BeWelcome –e foi de xeito sorprendente máis húmida do esperado: Unha forte tormenta con chuvias torrenciais inundou o lugar de acampada a noite antes de que comezase a xuntanza. As tendas flotantes convenceron a todas as persoas participantes para de xeito espontáneo alugar unha casa móbil de luxo -a última dispoñible no lugar de acampada. Esta tornou lugar de encontro das persoas participantes, quen gozaron de moitos momentos co jacuzzi.  Algúns momentos "BeerWelcome" tiveron lugar :) 

Lio foi o único can do evento e amosou a todo o mundo a súa habilidade para navegar nunha canoa

Todo o mundo gozou coas actividades acuáticas como a natación e o deporte do caiac. Bota unha ollada ás fotos: Lio foi o único can do evento e amosou a todo o mundo a súa habilidade para navegar nunha canoa. 

Moitas outras actividades sucedéranse durante tres días consecutivos... e, no final, todas as persoas participantes marcharon felices. Non hai nada mellor que pasar os últimos días de vacacións de verano coas amizades de BeWelcome e gozando co sol do verán. 


Consellos para hospedar e para aloxarse cunha persoa anfitrioa de BeWelcome

 

  1.   Completa o teu perfil: É improbable que recibas hospedaxe sen un perfil completo. Isto inclúe engadir unha foto, unha breve descrición sobre ti na sección “Sobre min”, e completar tantas outras partes do perfil como sexa posible. Do mesmo xeito, como persoa anfitrioa debes completar o teu perfil na súa totalidade de modo que as persoas que viaxan se sintan cómodas aloxándose contigo! 
     
  2.   Fai algunha pescuda sobre as persoas que te podan hospedar: Tedes intereses comúns que farían que ti e a persoa anfitrioa gocedes coa estancia? En que parte da vila ou cidade queres vivir? Hai transporte público dispoñible? Entende o que che ofrecen como os arranxos para durmir, dispoñibilidade para socializar ou explorar e cales son as súas expectativas. 
     
  3.   Escribe unha solicitude de aloxamento personalizada: A persoa anfitrioa saberá o esforzo que fixeches para comunicarte. Non envíes só unha mensaxe de copia e pega a varias persoas hóspedes no teu destino. Utiliza a ferramenta “Solicitar Aloxamento” en lugar de enviar unha simple mensaxe para deixar as cousas claras á persoa anfitrioa: Esta ferramenta dáche a posibilidade de indicar as datas da solicitude e o número de hóspedes. 
     
  4.   Indica cantas noites: Moitas persoas anfitrioas indican no seu perfil por cantas noites hospedan a alguén normalmente, preferindo moitas de dúas a catro noites.  A algunhas non lles gusta hospedar só unha noite porque teñen a sensación de que estás a usar a súa casa como un hotel. Sen importar canto tempo podas quedar, é agradable deixar algún tempo para compartir as vidas de cada un tomando un té ou unha cervexa. É improbable que unha solicitude de estancia por un mes sexa aceptada polas anfitrioas dado que iso consume moito tempo e enerxía. 
     
  5.   Coñece os arranxos por anticipado: Mentres que é improbable que teñas o teu propio xogo de chaves e podas vir e marchar cando queiras, algunhas anfitrioas facilítano. Algunhas anfitrioas esperan que veñan e marches ao mesmo tempo que elas, mentres outras poden ser máis flexibles. Non poñas á persoa que te aloxa nunha situación difícil pedíndolle de pronto días extras, espazo para máis xente, ou un xogo de chaves para quedar de copas tarde pola noite. 
     
  6.   Comunica os teus plans anticipadamente: É agradable facer isto se tes necesidades particulares mentres viaxas. Precisas usar a súa WIFI? Tes pensado quedar a durmir ou poñer unha lavadora para lavar a túa roupa? Podes informar das necesidades que te xurdan durante a viaxe de antemán. Isto pode incluír un saco de durmir, adaptadores para os enchufes,  e cargadores. 
     
  7.   Solicitar unha estancia no último minuto é polo xeral malo para ambas partes: Pode producir estrés á persoa anfitrioa. Como norma xeral un aviso con unha ou dúas semanas de anticipación é o óptimo. Se o solicitas con meses de anticipación os plans das anfitrioas poderían cambiar. A túa solicitude, incluso se é aceptada, non é unha reserva de hotel confirmada. Porén as distintas persoas que ofrecen aloxamento establecen diferentes preferencias no seu perfil e hai grupos de Último Minuto para solicitudes urxentes en BeWelcome.org.
     
  8.   Se viaxas, engade unha Viaxe pública en BeWelcome.org por adiantado:  Engade unha descrición sobre os teus plans, as motivacións da viaxe, intereses e incluso obxectivos. A túa viaxe podería ser para divertirte e saír de festa, ou para adquirir novas habilidades. Se a viaxe pública está ben descrita podes ter ofertas de estancia ou de xuntanzas que se adecúen aos teus intereses ou obxectivos. 
     
  9.   Achega unha historia, un agasallo, ou cociñade unha comida xuntos: Se ambas persoas tedes os mesmos intereses, compartídeos.  Por exemplo se os gusta o cine ide ver unha película xuntos ou se ambos practicades ioga quizais podades practicar xutas. Iso só pode fortalecer o que moi ben podería ser unha relación para toda a vida. 
     
  10.   Valora a interacción: Solicita estancias con persoas que podan parecer diferentes a primeira vista. Pregúntalles sobre lugares para ver, que comer, e que facer, e incluso invítaas. Dalgún xeito, poder ser a súa anfitrioa para que elas sexan as viaxeiras no seu propio pobo ou na súa propia cidade. 
     
  11.   Considera a posibilidade de visitar outras cidades menos viaxadas: As persoas hóspedes en cidades populares como Amsterdam, Paris e Dublín teñen moitas solicitudes. Como consecuencia diso, pode ser máis difícil confirmar unha estancia. Os destinos menos viaxados non ven tantas persoas viaxeiras de BeWelcome, e poden estar máis dispostas a aloxar. Moitas veces hai opcións de transporte público para chegar a calquera sitio. Pensa en visitar cidades e pobos máis pequenos que teñan boas conexións coa cidade; non te limites a visitar unha cidade popular ou o centro da cidade. 
     
  12.   BeWelcome.org non é un lugar de citas: Así que non o uses como se o fose. Comprende e respecta os límites e fronteiras establecidos pola persoa que te hospeda. 

Se tes Facebook, engade os teus propios consellos a esta esta publicación do Facebook.


BeWelcome es letal para os prexuízos!

 

Neta98 está vivindo un soño agora mesmo. Comezou unha viaxe ao "Redor do Mundo" no verán do 2022 e está planeando viaxar ata marzo do 2023 antes de comezar un novo traballo.
 

Compartiu a súa historia de BeWelcome con duesseldorf que agora pásacha a ti :) 
 

“Todo comezou co meu amor polas andainas. En marzo de 2022, andei polo Camiño de Israel que cruza o meu país de sur a norte durante uns 1.000 km.  Hai anxos do camiño –persoas a quen podes chamar e quen te axuda no camiño. Eu quedei en varios lugares con elas durante a noite. 
 

Cando planeaba a miña viaxe ao redor do mundo estaba claro para min que buscaba experiencias similares: Quedarme con persoas locais e ter o contacto máis próximo posible coas súas comunidades ou países vivindo con elas -aínda que fose por unhas poucas noites. Así, buscando en Internet atopei Couchsurfing.  Facerse membro parecía un fastío. Entón descubrín a comunidade de BeWelcome e fixen un perfil. 
 

A final de xullo comecei a miña viaxe en Grecia. Non atopei anfitrións en Atenas pero recibín comentarios positivos de que me terían acollido se non estivesen de viaxe. Isto animoume e atopei o meu primeiro anfitrión no norte de Grecia: Zitsa, un panadeiro e a súa adorable familia en unha pequena vila. O meu seguinte anfitrión estaba en Nápoles, Italia. 
 

Con estas dúas marabillosas experiencias animeime totalmente a participar en BeWelcome.  Necesita un pouco máis de preparación que reservar un hotel, pero os encontros valen a pena de verdade. Atopei persoas anfitrioas en Florencia e Xénova antes de continuar a miña viaxe ao sur de Francia e foi aloxado en Niza.
 

A persoa que me aloxou en Montpellier faloume de un evento de fin de semana de BeWelcome en Sète e me levou ata alí. Xunteime con máis persoas membro de BeWelcome e pasámolo moi ben xuntos. Unha das persoas participantes invitoume a quedarme con el en Toulouse.  A cea coa súa nai impresionoume –porque ela só fala francés e eu non pero de feito iso non nos detivo para termos unha moi interesante conversación. Eu falo hebreo e inglés e nesta viaxe quero mellorar o meu español básico. 
 

O meu seguinte anfitrión foi en Portugal, en Porto –un estudante orixinario de Quebec que acababa de chegar á cidade esa mesma semana de modo que a exploramos xuntos. Desde Portugal continuei a Sevilla e fun hospedado por un anfitrión nacido y criado en Sevilla quen me amosou toda a cidade, ofreceume os seus coñecementos de todos os anos de viaxe e hospedaxe e preparoume un almorzo e cea españois marabillosos. 
 

En outubro estou en Morocco onde agardo atopar persoas anfitrioas tamén. Continuarei viaxando ata o final de febreiro e entón tratarei de visitar México e Asia Oriental. 
 

As persas que me aloxaran abriron as súas vidas para min e ofrecéronme moito máis que un aloxamento. Falamos moito e obtiven as súas perspectivas sobre a súa cultura, a súa vida cotiá, e as súas alegrías e penas. 
 

Aínda hai montón de experiencias agardándome por aí.  É por iso que non podo describir aínda o impacto final de BeWelcome na miña vida. Pero unha cousa teño notado: BeWelcome es malo para os prexuízos. Por exemplo, antes de viaxar tiña na miña cabeza o estereotipo de que as persoas francesas eran un pouco antisociais e reservadas con persoas estranxeiras. A miña experiencia foi a contraria: eu pasei moito máis tempo en Francia do que tiña planeado nun principio e con BeWelcome encontrei amigos alá.
 

Agardo ter moitas máis experiencias con BeWelcome!” 

Embedded image

Esta foto é a lembranza de Neta98 da súa estancia con Zitsa  e a súa familia na panadería en Grecia.
 

Neta98 divertíndose durante o evento de BeWelcome “Les copains d’abord” en Sète / Sur de France.

Neta98 divertíndose durante o evento de BeWelcome “Les copains d’abord” en Sète / Sur de France. 


Actívate e actualiza o teu perfil 
 

  • Completa e actualiza o teu perfil: Gostaríache reunirte con outras persas membro de BeWelcome? Se é así, deberías darlles unha primeira impresión engadindo unha foto de perfil e enchéndoo. 
     
  • Redes sociais: Dálle ao gústame no Facebook e séguenos no Instagram.
     
  •  Personaliza a túa experiencia en BeWelcome: Dende notificacións a filtros, actualiza as túas preferencias

 

Embedded image

 

Grazas por lernos! Gustaríache compartir unha historia? Mándanos unha mensaxe directa nas redes sociais ou un correo-e.

 

Embedded image