Newsletter

Lanzouse a Ferramenta de Viaxes en BeWelcome.org!

 

Embedded image

 

Saúdos anonymous,

 

Moitas persoas na comunidade (xa somos 185,000 e aumentando rápido) agardaban por unha ferramenta para facer públicos os seus plans de viaxe de xeito que outras persoas membro nos teus lugares de destino te inviten a quedar ou reunirte con elas. Tomamos nota e agora a ferramenta "Viaxes" está funcionando e lista para o seu uso! Tes algún plan de viaxe para o verán? Próbaa! 

 

Como funciona?

 

  • Crea a túa viaxe en Atopa participantes | As miñas viaxes | Crear. Introduce as túas datas, destino(s) e unha breve descrición.
  • Podes crear unha viaxe para atopar unha persoa anfitrioa, ou simplemente para xuntarte con xente no teu lugar de destino! As persoas membro locais poder ver a túa viaxe e propoñerche que quedes con elas ou que te reúnas con elas. 
  • Se recibes unha invitación, le o perfil da persoa membro, e toma unha decisión. Dende logo, podes declinar a invitación. Unha vez que aceptes unha invitación este tramo da túa viaxe quedará oculto para outras persoas membro co fin de evitar futuras invitacións non desexadas. 
  • Se estás buscando persoas que viaxen pola túa área, atoparás unha lista enAtopa participantes | Visitantes cerca de min e poderás ver as viaxes públicas na túa área.
  • Podes consultar as nosas Preguntas frecuentes para ter máis detalles sobre as viaxes públicas e a hospedaxe en xeral. Se aínda tes preguntas ou suxestións sobre esta nova ferramenta non dubides en poñerte en contacto co noso Equipo de apoio.

Actualización da visualización das mensaxes de comunicación 

 

O "Convite" foi introducido xunto coas Viaxes Públicas, e agora están integrados todos os diferentes tipos de comunicación entre as persoas da comunidade (Mensaxes, Solicitudes de Aloxamento, etc.) nunha vista chamada "Conversacións". Próbao para ver os cambios que podes facer agora no modo no que se amosan as conversacións! 

Estamos felices coas melloras na plataforma BeWelcome, e esperamos que tamén che satisfagan.  Se queres suxerir novas ferramentas, únete ao grupo Feature Requests. Ou mellor aínda, fai voluntariado nun equipo para garantir o desenvolvemento constante de recursos e ferramentas. Estamos á procura de persoas desenvolvedoras de front-end e back-end, e tamén desenvolvedoras de aplicacións.

 

Moitas grazas ás persoas desenvolvedoras voluntarias e ás testadoras de erros!

 

Experimenta a ferramenta con responsabilidade,

 

O equipo de persoas voluntarias de BeWelcome