Newsletter

Novas da BeWelcome do verán de 2021

Ola anonymous!

Agardamos que esteas ben e a salvo. Foi unha viaxe moi longa a dos últimos 18 meses con confinamentos e restricións de viaxes. Moitas das persoas que facemos parte de BeWelcome non fomos quen de viaxar ou hospedar durante moito máis dun ano, e outras acaban de xuntarse á nosa comunidade dende diferentes plataformas de hospitalidade para atopar un novo lar entre nós. Seguimos aquí por ti que es parte da comunidade de intercambio de hospitalidade e que valoras unha plataforma libre, sen ánimo de lucro e que está aberta a calquera con independencia da súa capacidade económica. Tamén estamos xestionados ao 100% por persoas voluntarias. Por iso é polo que nos achegamos a ti con este boletín de novas especial, salientando algunhas das oportunidades de colaboración e invitándote a participar na construción da nosa plataforma a medida que se vai facendo máis grande e mellor.  
 

Embedded image

 

Voluntariado

As persoas voluntarias son o corazón de BeWelcome. Non temos persoal pagado, nin oficinas, nin persoal bolseiro ou a tempo parcial o completo. Todas as persoas, dende aquelas que fan parte da Xunta Directiva, ás que desenvolven código ou responden os correos doutras son voluntarias. Todas son persoas membro da comunidade ordinarias, o mesmo ca ti. Este boletín especial contén información de como podes contribuír e colaborar co proxecto e a comunidade de  BeWelcome. ​​​​​​​

Por que debería facer parte do voluntariado?
Moitas persoas membro de BeWelcome contribúen simplemente hospedando a outras que viaxan e usando a plataforma para atopar hospedaxe mentres viaxan. Outras queren dar algo a cambio a través do voluntariado. Sen estas persoas voluntarias BeWelcome deixaría de existir. Por iso ti es tan importante. Necesitámoste! 

Canto tempo ao día ou á semana terei que facer voluntariado?
O tempo do que dispoñas. Unha hora de cando en vez pode supor unha grande axuda. Algunhas tarefas son continuadas, outras son tarefas ou proxectos puntuais. 

Para quen fago o voluntariado?
Ti colaboras para BeWelcome que é o único proxecto da asociación sen ánimo de lucro BeVolunteer

Acabo de chegar a BeWelcome! Onde comezo?
Se acabas de chegar a BeWelcome, dámosche a benvida! Estás uníndote a unha comunidade de unhas 150.000 persoas de todo o mundo. Hai varios modos de involucrarse. Tanto se tes interese en axudar, como se es unha persoa experta en desenvolvemento de aplicacións, podemos axudarte a que goces contribuíndo do modo que se adapte a ti. 

Algún grupo ten unha soa tarefa, e quizais xa saibas que o traballo require coñecementos que xa tes (por exemplo, ao facer parte do grupo de Tradución de BeWelcome, podes traducir BeWelcome á túa lingua). Outros grupos non precisan de habilidades técnicas (por exemplo ao xuntarte ao Grupo de Apoio, contestas preguntas e consultas), mentres grupos como Desenvolvemento e Comunicación necesitan experiencia previa porque algunhas das tarefas son bastante complexas. Porén, atoparás moita axuda. 

Hai algunha outra posibilidade de colaborar?
Hai algúns proxectos transversais a grupos e intereses.

  • O grupo de traballo de actualización da WIKI  está limpando e desenvolvendo as páxinas wiki de BeWelcome. O grupo coordina esforzos para mellorar a wiki. Non se precisa experiencia previa. 
     
  • O grupo de traballo de estatísticas de BW Statistics task force discute e analiza que estatísticas son necesarias para orientar Bewelcome  e usa tecnoloxías (estatísticas internas, páxinas web analíticas, enquisas) para producilas. Necesítase experiencia previa. 
     
  • Grupo de Traballo de Sondaxes a Persoas Membro está formado por persoas que deseñan e analizan as enquisas á comunidade. Algunha experiencia previa podería axudar. 
     
  • Espalla a mensaxe: Consigue unha camiseta, unha cunca ou unha gorra, para ti ou coma agasallo para o teu ou túa hóspede, na nosa Tenda de BeWelcome. Se tes ideas sobre mellores deseños non dubides en contactar co Equipo de Comunicación.

Tarefas especializadas

  • Programadores API (APP): BeWelcome precisa de persoas con competencias para crear unha especificación API e unha aplicación nativa Android e IOS. Se tes algunha experiencia, podes unirte ao grupo de Desenvolvemento de Proxectos de BW. Se sabes de alguén que gustase de colaborar, por favor pídelle que contacte por correo electrónico media@bewelcome.org
  • UX Designer: O equipo de Deseño necesita persoas con experiencia en deseño web e aplicacións web, con experiencia en deseño receptivo. Como parte do Equipo de Deseño deseñarás estruturas de páxinas (wireframes), circuítos de uso (user journeys) e maquetas de contidos (mockups). O posto non implica prazos estritos pero buscamos un compromiso a longo prazo.

Escoitando as ideas do voluntariado

Estamos desexando escoitar de todas as persoas que son ou queiran ser voluntarias as ideas que teñan de proxectos e suxestións de formas de ofrecer a súa pericia á comunidade BeWelcome. Se queres poñerte en contacto con nós ou tes algunha pregunta por favor únete ao Grupo de Voluntariado e preséntate a ti e ás túas ideas. Estamos escoitando. 
 

<i>Aquí debería aparecer unha imaxe.</i>

Unha persoa de BeWelcome de Bélxica pasou algunhas horas felices con quen a aloxou en Alemaña en xullo de 2021, cando foi posible o aloxamento seguro grazas á vacinación.
 

Outras Novas

Engadíronse moitas melloras e novas características á plataforma de BeWelcome durante os recentes meses: Podes cotexalas nas Novas da Comunidade de BeWelcome.

Asemblea Xeral:  A Asemblea Xeral é o órgano supremo de BeVolunteer, a asociación sen ánimo de lucro que xestiona BeWelcome. A Asemblea Xeral ordinaria ten lugar cando menos unha vez ao ano e este ano será o 20 e 21 de novembro.  

A maior doazón na historia de BeWelcome: BeWelcome recibiu recentemente una doazón de 5.000 €, a maior doazón ata o de agora!  Queremos facer constar a nosa gratitude á persoa que fixo a doazón anónima que fai parte da comunidade de BeWelcome dende fai tempo e que durante moitos anos foi unha importante compoñente do voluntariado. 

Galego - Unha nova lingua en BeWelcome: BeWelcome é libre e gratuíto para calquera en todo o mundo. Tamén recoñecemos que moitas plataformas están moi centradas na lingua inglesa, o que limita o seu uso a aquelas persoas membro cuxa primeira, segunda ou terceira lingua non é o inglés. Por iso é polo que temos un gran Grupo de Tradución, onde persoas voluntarias traducen en máis de de corenta linguas. Podes mudar a túa lingua de preferencia no pé da páxina. O grupo recentemente compartiu algunhas moi boas novas -  BeWelcome.org está dispoñible agora en unha nova lingua - Galego. Un especial agradecemento para Jorganes - unha persoa voluntaria do grupo de tradución, que fixo que isto sucedese moi rapidamente! Agora podes usar BeWelcome ao completo en 10 linguas e o traballo está avanzando para más de outras 30. Se tes interese en traducir á túa lingua nativa ou mellorar as traducións existentes únete ao grupo de Traducións.

Actívate e actualiza o teu perfil

  • Completa e actualiza o teu perfil: Gustaríache coñecer a outras persoas de BeWelcome? Se é así, deberías proporcionarlles unha boa primeira impresión enchendo o teu perfil e engadíndolle a túa foto.
     
  • Redes Sociais: Podes darlle ao "gústame" no noso grupo de Facebook e seguirnos no Instagram.
     
  • Personaliza a túa experiencia en BeWelcome, dende notificacións a filtros, actualizando as túas preferencias
     

Desexámosche felices viaxes e encontros enriquecedores. 

O Voluntariado de BeWelcome