Newsletter

Boletín de BeWelcome de setembro de 2025

Ola anonymous, 

 

Esperamos que esteas ben onde queira que esteas no mundo gozando desta tempada de viaxes ou hospedando e xuntándote con compañeires de viaxe. Temos o noso novo logo e historias divertidas para compartir contigo neste boletín. 

 

Táboa de contidos

 

  • Presentación do noso novo logo 
  • Historias das persoas membro de BeWelcome!
  • Canto custa manter BeWelcome: Unha ollada entre bastidores e persoas voluntarias

 


Presentación do noso novo logo

Ao ler este boletín, es unha das primeiras persoas en descubrir o noso novo logo de BeWelcome!

 

Embedded image


É o froito do traballo de persoas membro cotiás e voluntarias de BeWelcome durante o curso dun ano. O obxectivo foi comunicar mellor a ledicia de interactuar con persoas de todo o mundo dun xeito máis amigable que co logo orixinal. Cremos que conseguimos o obxectivo, e en diante verás aparecer o logo no sitio web e noutros lugares. 


Historias das persoas membro de BeWelcome!

 

  • A experiencia de Aledirenzo como anfitrión en Oslo

 

Todo comezou case por casualidade.

A min, Alessio (aka aledirenzo), inspiroume o meu mentor que hospedara máis de 600 persoas no seu sofá. Ao principio foi un xeito de dar luz ás longas e escuras tardes de Oslo, unha conversación agradable acompañada dunha cunca de té. 

Entón, comecei reunirme coa xente máis inesperada. 

 

Embedded image

Alessio e Mathias divertíndose       Créditos: Johanna Lidman

 

Estaba o Bart, que compartía a miña paixón polo teatro improvisado.

A Daria, que non falaba inglés, mais comunicábanos apenas mediante xestos e linguaxe corporal. 

E logo o Mathias (na foto), que se converteu nun amigo íntimo en apenas unha fin de semana. Pasamos unha noite con amizades no Oslo Pride, e todo fluíu. O que realmente me sorprendeu foi o enriquecedor que resultou que el coñecese as miñas amizades e o moito que gozo sendo anfitrión: esa ledicia sosegada de axudar a outras persoas. E adoro o imprevisible de todo iso. Nunca sabes que agardar do vindeiro encontro, se será un breve intercambio de palabras de pasada ou se será unha amizade profunda e transformadora. Simplemente aprendes a permanecer cunha actitude aberta e deixar que o mundo te sorprenda.

 

A miña experiencia con BeWelcome transformou suave e inesperadamente o xeito en que vexo a vida e as relacións. 

 

 

 

Fun á costa este de Australia este ano e foi unha viaxe marabillosa! A natureza é tan sorprendente neste país, que estou namorada dela, e grazas a BeWelcomoe puiden conectar con xente que compartía os meus intereses. Puiden facer unha pequena excursión en bicicleta polo sur de Brisbane cunha persoa que me aloxou, comer comida caseira, e conversar con persoas do lugar para ter unha pequena idea de como é a vida en Australia. Aínda que ás veces non conseguise relacionarme moito con quen me aloxaba, sempre é máis interesante que quedar nun albergue. Gusto das historias compartidas: cando a xente te invita ao seu espazo privado aínda que tal vez nunca volvas alí, parece que che din o que senten de verdade porque non se preocupan tanto da impresión que causen.  

 

Fonte: Q&A with Sarah_F3ldchen

                         

                                                                      

Extra nas nosas Novas da Comunidade:

Embedded image

Niels con Carolyn no parque de skate Ladybird (Tilburg)

 

Para máis historias o versións máis longas, mira as Novas da Comunidade

Se queres compartir a túa historia escribe a  Marstr

 


 

Canto custa manter BeWelcome: Unha ollada entre bastidores e persoas voluntarias

 

BeWelcome é libre e gratis de usar, pero ten cun custo de uns 3000 Euros ao ano, principalmente para pagar os servidores (como podes ver no noso orzamento aquí). 

 

Estes custos fináncianse totalmente mediante doazóns. Pero no momento de escribir este boletín, só alcanzamos un pouco máis do 50% do noso obxectivo de doazóns de 3445 Euros. Podes ver o estado presente actualizado semanalmente na páxina web de Bewelcome. O noso ano financeiro pecha a final de setembro, o que significa que temos pouco tempo para conseguir o noso obxectivo...

 

Que pasará se non cubrimos os nosos gastos? Ben, nada no curto prazo. BeVolunteer (a asociación sen ánimo de lucro que xestiona o sitio web de BeWelcome) non está en perigo de estar en bancarrota nos vindeiros anos. Porén, se terminamos o ano cun orzamento saneado, iso permitiríanos investir máis facilmente en novos proxectos en lugar de mantermos o diñeiro no banco para anticipar perdas anuais. 

 

Polo tanto se gustas de viaxar con BeWelcome, suxerímosche que contribúas cunha pequena doazón! 

 

Ou se tes tempo e habilidades para xuntarte a un dos nosos incríbeis equipos de persoas voluntarias. Comproba as nosas necesidades nesta páxina.

 

 

Desexámosvos una boa tempada de viaxes e descansos e encontros marabillosos!

Grazas por lernos,

 

O Equipo de Comunicacións