Newsletter

Boletín informativo BeWelcome Feliz Ano Novo 2024

Boletín informativo BeWelcome Feliz Ano Novo 2024

 

Índice: 

  • O que hai de novo en BeWelcome
  • Campaña de doazóns/HelloAsso
  • Coñece a Ben, un anfitrión activo de BeWelcome en Taiwan

 

Querid@ anonymous, 

 

Estamos oficialmente en 2024, o ano do Dragón no ciclo do ano lunar e un novo ano para aventuras, facer novas amizades e viaxar neste noso planeta único.

 

2023 foi un ano cheo de actividade no BeWelcome, a maior rede de hospitalidade libre e gratuíta do mundo. Vimos como as persoas da nosa comunidade foron acollidas tódolos días por todo o mundo, dende grandes cidades como Berlín, París, Barcelona e Nova York, até pequenas aldeas na India, Turquía e México.  Tódolos días, algunha persoa, en algures, é hospedada ou viaxa e a fai novos contactos onde queira que vaia.  Na maior parte dos casos, estes contactos transfórmanse en amizades para toda a vida, engadindo algo de aderezo a esta experiencia a que chamamos vida.

 

Neste Boletín, destacamos algúns proxectos nos que traballou o voluntariado, algunhas noticias e algunhas fotografías. Gozádeo -

 


 

Que hai de novo en BeWelcome?

 

Desde o noso último boletín en maio, aconteceron moitas cousas en BeWelcome!  A principal delas é, obviamente, o feito de moitas persoas gustaren de utilizar a BeWelcome para viaxar ou hospedar.  A nosa base de persoas membro non deixou de crecer de forma constante, o mesmo que o número de experiencias de hospitalidade efectivas a través de BeWelcome.  Temos o pracer de ofrecerche un sitio que promove o intercambio cultural e a amizade entre persoas descoñecidas!

 

Para mellorar a túa experiencia con BeWelcome levamos a cabo varias accións neste último ano: 

    

  • Enquisa ás persoas membro: Co fin de obter opinións sobre melloras futuras en BeWelcome, levamos a cabo unha enquisa entre as persoas membro. Confirmamos que as melloras no sitio web aumentaron de xeito importante a satisfacción xeral.  Aquí hai un resumo completo dos resultados.  Moitas grazas a tódalas persoas que usaron o seu tempo para dar a súa opinión na enquisa!
     
  • Opción de excluír perfís baleiros das peticións: Unha das melloras máis solicitadas na enquisa xa se fixo realidade: Introducimos unha nova opción que che permite decidir si desexas ser contactada ou non por persoas membro que teñan un perfil insuficientemente cuberto. Atoparás esta opción na páxina de “As miñas Preferencias.”
     
  • Limpeza das persoas membro inactivas: Co fin de manter unha base de datos realista e reducir o número de solicitudes sen resposta, suspendemos a tódalas persoas membro que non iniciaran sesión en más de cinco anos (despois de enviar varios recordatorios). 
     
  • Melloras na páxina web: Melloramos o algoritmo de busca de localidades de modo que podes encontrar o teu próximo destino con maior facilidade! Tamén facilitamos a carga de fotos no teu perfil, aceptando máis formatos e un tamaño maior que antes. 

 

Campaña de doazóns / HelloAsso

 

A campaña de doazóns para o ano 2023-2024 lanzouse en novembro, despois da Asemblea Xeral de BeVolunteer (a asociación sen ánimo de lucro que xestiona BeWelcome).  Este ano BeWelcome necesita 3050€, que reflicten os nosos costos reais que son principalmente para pagar polos servidores. Somos transparentes no relativo ás nosas finanzas que podes atopar aquí. 
 

Tamén introducimos unha nova opción de doazón mediante tarxeta de crédito, ademais do Paypal. As doazóns poden facerse agora a través de HelloAsso, que é unha compañía francesa que ofrece servizos de pagamento a organizacións sen ánimo de lucro e que, a diferencia de Paypal, non carga taxas polos donativos. 

 

BeWelcome está financiada ao 100% mediante doazóns, e é xestionada por persoas voluntarias! 

 

Se gustas do noso sitio e queres contribuír, hai tres xeitos de facelo:


 

Coñece a Ben, un activo anfitrión de BeWelcome en Taiwan

 

Embedded image

 

Embedded image

 

Embedded image

 

Embedded image

 

Embedded image

 

Embedded image

Ben, de Taipé, Taiwan, xuntouse á BeWelcome no momento en que recibiu un sofá no seu apartamento.  Cando o confinamento debido á pandemia comezou a abrandar, ao final de 2022, Ben recibiu o seu primeiro hóspede.  Desde entón, Ben xa hospedou máis de 40 viaxeiros!  Por que el hospeda tanto? 
 

Ben de Taipei, Taiwan, fai parte de BeWelcome dende o momento en que recibiu o seu primeiro sofá no seu apartamento.  Cando os confinamentos pola pandemia comezaron a suavizarse a finais do 2022 deu a benvida ao seu primeiro hospede.  Dende entón, Ben hospedou a máis de 40 viaxeiros e viaxeiras!  Por que hospeda tantas persoas? 

 

“Aprecio  moito coñecer a hóspedes de todo o mundo" , di Ben. 

 

El gosta moito non só de pasar tempo coas persoas que aloxa, senón tamén de falar e escoitar historias sobre viaxes e sobre a vida. Ben ofrece desinteresadamente o uso da súa cociña ás persoas que aloxa para que preparen comidas vexetarianas para todos. 

 

“Como anfitrión síntome como se estivese viaxando ao probar as delicias culinarias de lugares afastados. Aprendín como preparar pratos rápidos e deliciosos de outras culturas que me gustaron moito.”

 


 

Grazas por leres o noso boletín e por ser parte de BeWelcome!  Agardamos que atopes bos vínculos e amizades a través da nosa rede en permanente expansión. 

 

-O Voluntariado de BeWelcome

 

Comparte BeWelcome

Mantente en Contacto!